Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONFRARÍA DE PESCADORES SANTIAGO APÓSTOL DE BARALLOBRE
Marián Ferreiro rubricou esta mañá o acordo, por importe de 15.000 euros, co patrón maior da Confraría de Barallobre, Jorge López
Narón, 21 de setembro de 2021. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou un convenio de colaboración con Jorge López, patrón maior da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, por importe de 15.000 euros. Con cargo a esta partida, tal e como indicou a rexedora local, manterase o marco de colaboración que tiñan a administración local e a citada entidade, contribuíndo aos gastos de financiamento da mesma e apoiando o desenvolvemento sostible da súa actividade. Unhas oitocentas familias están vencelladas laboralmente á Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, tal e como indicaron dende o colectivo. Jorge López agradeceu a colaboración do Concello de Narón coa sinatura dun novo convenio a través do que tamén se promoverán algunhas actividades formativas e accións encamiñadas a mellorar as condicións da actividade pesqueira, establecer plans de produción e comercialización… Ferreiro destacou o labor que desenvolve a Confraría de Barallobre e interesouse ante o patrón maior sobre a situación actual da entidade, ofrecendo a colaboración do Concello na medida do posible, para impulsar ao sector en xeral e ás familias que traballan na citada confraría.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es