Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DA OBRA "LOS PAZOS DE ULLOA" E O ESPECTÁCULO "ACRÓBATA Y ARLEQUÍN"
As entradas para os espectáculos están á venda no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es
Narón, 21 de setembro de 2021. A programación do último cuadrimestre do ano continuará esta fin de semana no Pazo da Cultura, coa representación da obra “Los Pazos de Ulloa”, o venres 24 -20.30 horas- e o sábado 25 -20.00 horas- e co espectáculo multidisciplinar con música en directo “Acróbata y Arlequín” -18.00 horas-. As últimas entradas para estas propostas culturais están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. “Los Pazos de Ulloa”, da compañía Secuencia 3, é a adaptación teatral da novela do mesmo nome que escribiu a escritora galega Emilia Pardo Bazán. Está considerada por moitos profesionais como unha das mellores novelas españolas do século XIX e é todo un referente dentro da ampla bibliografía da súa autora. Entre o reparto atópanse recoñecidos actores e actrices do panorama nacional, como Pere Ponte, Olivia Molina, Marcial Álvarez ou Esther Isla, entre outros. O prezo das entradas é de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Na xornada do domingo o Pazo acollerá a representación do espectáculo para público familiar e infantil –a partir de catro anos- “Acróbata y Arlequín”, da compañía La Maquiné. É unha peza escénico-musical inspirada no universo do circo de Pablo Picasso durante o período rosa (1904-1907) e a música das primeiras vangardas a través dos compositores Erik Satie e Francis Poulenc. Canto lírico e piano en directo para unha proposta cultural escenificada con teatro de actores, títeres, sombras, obxectos e proxeccións. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral, de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante e de 5,50 para menores de 14 anos.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es