Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN ÁUREGA ORGANIZAN UNHA CONFERENCIA SOBRE "COMO REMAR A FAVOR: FAMILIA E NENOS/AS DE ALTAS CAPACIDADES"
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, presentou a iniciativa xunto con Begoña Ramos e Elena Silvar, secretaria e vogal, respectivamente, da asociación Áurega
Narón, 22 de setembro de 2021. O Concello organiza en colaboración coa Asociación Áurega (Asociación de Familias de nenos/as con altas capacidades, talentos e inquedanzas intelectuais) a conferencia “Como remar a favor: colexio, familia e nenos/as de altas capacidades”. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, e Begoña Ramos e Elena Silvar, secretaria e vogal, respectivamente, da asociación Áurega, presentaron esta mañá no Concello a iniciativa, que terá lugar o vindeiro 2 de outubro, de 17.00 a 19.00 horas, no Auditorio municipal. Taibo avanzou que Félix Ruiz e José Luis Pérez, psicólogos clínicos, fundadores do Centro Ayalga e autores do libro “A mi no me parece”, serán os poñentes nesta conferencia, aberta á participación da cidadanía en xeral. As representantes de Áurega incidiron na importancia de que os menores con altas capacidades deben recibir unha atención especializada nos centros de ensino. “Nós, como asociación, estamos aquí para tender pontes coa comunidade educativa co fin de acadar ese obxectivo”, indicaron. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse a través do correo electrónico: secretaria@auregaasociacion.gal, indicando o seu nome e apelidos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal