Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA RECIBIU A INTEGRANTES DO XURADO DO CERTAME "VILAS EN FLOR GALICIA 2021" QUE SE DESPRAZARON ESTA TARDE Á CIDADE
A ALCALDESA RECIBIU A INTEGRANTES DO XURADO DO CERTAME
A rexedora local, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, percorreron xunto coas integrantes do xurado algúns espazos verdes da cidade
Narón, 22 de setembro de 2021. Un ano máis o Concello presentouse ao certame “Vilas en flor Galicia 2021”, unha iniciativa organizada pola Fundación Juana de Vega coa Asociación de viveristas de Galicia (Asvinor) e da Asociación Gallega de Empresas de Xardinería (Agaxear). A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, recibiron esta tarde no Concello a dous representantes do xurado deste certame, Silvia Scaffaro, profesora de Fisiología vexetal da USC e empresaria do sector de planta ornamental e Camino Nicolás, directora do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.
Na xuntanza mantida no Concello a alcaldesa e o edil de Servizos aboradaron diferentes actuacións levadas a cabo en espazos verdes da cidade durante o último ano. Así mesmo, Ferreiro avanzoulles algúns dos proxectos que se desenvolverán nos vindeiros meses, como o enlace dos paseos de Xuvia e Freixeiro por unha senda litoral, con carril bici, e a humanización da avenida da Solaina. En ambos casos, tal e como destacou Ferreiro “os espazos verdes localizados nesas zonas cobrarán unha importancia vital, poñendo en valor dous dos núcleos verdes de maior extensión da cidade, o de Freixeiro e Xuvia, e unha das áreas máis poboadas da zona urbana, a de A Solaina.
“Estes dous proxectos suman un investimento de algo máis de 1,5 millóns de euros, e neles cobrarán especial protagonismo os peóns e as zonas verdes e axardinadas ás que ano tras ano dende o Concello destinamos unha importante partida para mantelas no mellor estado posible de conservación”, asegurou a alcaldesa.
Durante a súa estancia no Concello as dúas representantes do xurado puideron ver un vídeo turístico da cidade para posteriormente dirixirse a espazos verdes e puntos de interese da cidade xunto coa alcaldesa, o edil de Servizos e responsables da empresa adxudicataria das tarefas de mantemento de parques e xardíns. Os paseos de Xuvia e Freixeiro e o muíño de Pedroso foron algúns dos espazos que visitaron durante a estancia na cidade das integrantes do xurado.
O pasado ano o Concello de Narón obtivo dúas Flores de Honra no certame “Vilas en flor”, galardón co que se recoñece o traballo realizado nas áreas a valorar polo xurado desta iniciativa. O Concello de Narón conta cunha superficie de algo máis de 630.000 metros cadrados de espazos naturais, parques e xardíns.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal