Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
USUARIAS E USUARIOS DE ASFEDRO DA CIDADE PODERÁN PARTICIPAR NUNHA ENQUISA CO FIN DE DESEÑAR FUTURAS ACCIÓNS PREVENTIVAS E ASISTENCIAIS
USUARIAS E USUARIOS DE ASFEDRO DA CIDADE PODERÁN PARTICIPAR NUNHA ENQUISA CO FIN DE DESEÑAR FUTURAS ACCIÓNS PREVENTIVAS E ASISTENCIAIS
O edil de Sanidade, Santiago Galego, indicou que a enquisa ten carácter voluntario e que se enmarca nas iniciativas conveniadas coa entidade
Narón, 23 de setembro de 2021. A Asociación Ferrolana de Drogodependencias (Asfedro) realizará este mes unha enquisa entre usuarias e usuarios da entidade empadroados en Narón co fin de obter información relevante que facilite accións futuras preventivas e asistenciais. Así o indicou o concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, que explicou que se trata dunha enquisa de carácter anónimo e voluntario, polo que os profesionais que interveñen nas terapias informarán ás persoas sobre a iniciativa para que contesten ás preguntas no caso de que queiran colaborar.
Esta iniciativa forma parte das diferentes actividades que Asfedro leva a cabo na cidade no marco do convenio asinado co Concello en materia de acción social, coordinadas a través do Servizo Sociocomunitario Municipal. Así mesmo, a través deste acordo impúlsanse actividades de sensibilización coa mocidade a través dos centros de ensino da cidade e ofrécese información e asesoramento sobre a prevención de condutas adictivas. A maiores, tamén se realizan obradoiros de habilidades sociais co alumnado de ESO de Narón, impártense módulos específicos sobre prevención de condutas adictivas nas Escolas de Familias municipais e tamén se realiza a campaña de sensibilización sobre uso de teléfonos móbiles “Fóra de onda”, para alumnado de cuarto curso de ESO de centros de ensino da cidade, tal e como recordou Galego.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal