Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONVOCA UN CURSO DE "TRAZABILIDADE E ETIQUETADO AO CONSUMIDOR FINAL" E OUTRO SOBRE "LIXOS MARIÑOS"
O CONCELLO CONVOCA UN CURSO DE
Os edís de Promoción Económica e Medio Ambiente, David Pita e Santiago Galego, anunciaron a apertura do prazo de inscrición nestas accións formativas
Narón, 25 de setembro de 2021. O Concello convoca a través das Concellerías de Promoción Económica e Medio Ambiente, dirixidas polos edís David Pita e Santiago Galego, dous cursos abertos á participación das veciñas e veciños de Narón. Trátase de dúas accións formativas de balde e que se convocan a través do proxecto “Mergullando no litoral de Narón”, realizado co apoio do Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte. As dúas accións formativas desenvolveranse nas instalacións do recinto feiral do Trece, en Sedes.
O primeiro dos cursos, sobre “Trazabilidade e etiquetado ao consumidor final", terá lugar o vindeiro venres, 1 de outubro, de 16.00 a 19.30 horas. Unha persoa licenciada en Veterinaria, experta na área de Calidade e Seguridade alimentaria será a encargada de impartir o curso. A lexislación sanitaria, a necesidade e utilidade da trazabilidade e os seus tipos, e o etiquetado de produtos envasados e sen envasar forman parte dos contidos desta convocatoria. “É fundamental que as persoas que manipulen alimentos, especialmente produtos pesqueiros, coñezan a lexislación sanitaria e a trazabilidade e estes son dous temas sobre os que se realizará especial fincapé nesta acción formativa”, asegurou Pita.
A segunda das accións formatias é sobre “Lixos mariños” e impartirase o sábado 2 de outubro, de 11.00 a 15.30 horas. A persoa formadora será neste caso experta en sostibilidade pesqueira, que informará aos asistentes sobre que é o lixo mariño e a súa clasificación, a lexislacion sobre plásticos e o problema da súa xestión, a descarga de residuos en terra, os puntos limpos en dársenas… O edil de Medio Ambiente destacou a importancia de “aprender a evitar a xeración de lixo mariño e colaborar na súa recollida, clasificándoo e concienciando á cidadanía da importancia de loitar contra a contaminación do mar”.
As persoas interesadas en asistir algún destes cursos deben enviar un correo electrónico cos seus datos persoais á dirección de correo electrónico: m.ambiente@naron.es.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal