Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PRETO DUNHA VINTENA DE EXPOSITORES PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NA FEIRA DE DESENVOLVEMENTO RURAL "REXENERA AVENTUNARÓN"
PRETO DUNHA VINTENA DE EXPOSITORES PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NA FEIRA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
O programa do evento inclúe a celebración de varias ponencias a cargo de profesionais en diferentes áreas e obradoiros, tal e como indicaron os edís de Promoción Económica e Medio Ambiente, David Pita e Santiago Galego
Narón, 27 de setembro de 2021. O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá esta fin de semana, os días 1, 2 e 3 de outubro, a Feira de desenvolvemento rural e medio ambiente “Rexenera Aventunarón”. O turismo activo, a sustentabilidade, a innovación e a enerxía terán un espacio propio neste evento, organizado polo Concello e no que colabora a Deputación da Coruña. Preto dunha vintena de expositores, vencellados á temática do evento, participarán nesta convocatoria, que nace coa intención de consolidarse no tempo, tal e como apuntaron os edís de Promoción Económica, David Pita, e Medio Ambiente, Santiago Galego.
A feira disporá de tres espazos diferenciados: unha zona de exposicións na que se coñecerá a labor das diferentes empresas; unha de conferencias donde se sucederán as intervencións de profesionais en diferentes áreas e unha terceira de actividades na que se levarán a cabo obradoiros para persoas de todas as idades e vencellados ao medio ambiente e rural.
O evento inaugurarase este venres ás 11.00 horas e entre as 12.00 e as 13.00 horas haberá unha ponencia sobre “Aproveitamento dos nosos montes”. Pola tarde haberá ponencias a partir das 16.00 horas sobre “Aves mariñas no entorno da Costa Ártabra”, “Eficiencia enerxética e renovables para autoconsumo”. Tamén haberá un apartado para actividades, que comezará ás 16.00 horas cun obradoiro medioambietal ao que seguirá ás 17.30 horas o de construción de caixas niño para paxaros e unha sesión de “workshop” ás 18.00 horas.
A programación retomarase o sábado ás 10.45 horas, cunha ponencia sobre “O adestramento e a supervivencia”, e a continuación comezarán outras sobre “O novo turista de natureza”, “Modelo de desenvolvemento sostible do territorio” e tamén se falará sobre “Novas actividades turísticas sostibles no medio natural”. Pola tarde ás 16.00 horas haberá unha charla sobre “Ecoturismo e conservación da águia pescadora na bahía de Santander”, para seguir a programación con outras sobre “Modelo de desenvolvemento sostible do territorio” e de “Pegada de carbono e sostibilidade turística no entorno rural”. Así mesmo, haberá dende as 11.00 horas un obradoiro medioambiental e actividades de aventura, unha actividade con vehículo motobomba, un workshop e o obradoiro “Cada xesto conta: cálculo da pegada ecolóxica”. Pola tarde seguirán os obradoiros de 16.00 a 18.00 horas, sobre medioambiente, auga e lume e refuxio e nudos.
O domingo 3 ás 10.30 horas haberá unha ponencia sobre “Invasoras no noso entorno” e sobre as 12.00 presentarase o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Medioambiental de Galicia (CEIDA) e as súas principais liñas de traballo. A convocatoria inclúe un obradoiro sobre “Que é o que chega ás nosas costas polo noso malfacer”.
Outra das propostas que se desenvolverá na feira do Trece será un obradoiro sobre exploración de aves mariñas na Costa Ártabra, a través do proxecto “Narón, mar aberto”. O edil de Promoción Económica, David Pita, explicou que se trata dunha iniciativa impulsada a través do Golfo Ártabro Norte, en colaboración coa Consellería do Mar e financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo da Pesca (FEMP). O venres, día 1, ás 16.00 horas, o ornitólogo Antonio Sandoval impartirá unha charla sobre as especies de aves mariñas reprodutoras e migratorias do Golfo Ártabro. Así mesmo, entre as 17.15 e as 20.00 horas desenvolverase o obradoiro “Cada moucho no seu souto”, aberto á participación da cidadanía en xeral e no que os participantes se anotarán antes do inicio do mesmo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal