Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRODUTORA PORTOCABO RODOU ESTE MES NA CIDADE VARIAS ESCENAS DA SERIE "RAPA"
Profesionais do Speis de Narón e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón colaboraron co equipo da produtora
Narón, 28 de setembro de 2021. A produtora Portocabo gravou nos últimos días escenas da serie “Rapa”, que se poderá ver en Movistar+, en diferentes ubicacións da cidade. As inmediacións do Centro Comercial Odeón, o estadio de Río Seco e a zona de Piñeiros foron os lugares elixidos para parte das localizacións desta serie, creada por Pepe Coira e Fran Araújo, dirixida por Jorge Coira e que conta no reparto co recoñecido actor español Javier Cámara. Persoal do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) de Narón e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Narón colaborou cos profesionais da productora desprazados á cidade. O traballo implicou algúns cambios no tráfico rodado, na iluminación pública e tamén no acondicionamento de determinados espazos, tal e como indicaron dende o Speis de Narón. A serie “Rapa”, de seis capítulos, arranca co asasinato da alcaldesa dun pobo de Galicia, de donde partirá a investigación do crime, que conta cun único testemuñoa, Tomás, un mestre interpretado por Javier Cámara. A rodaxe levouse tamén a cabo noutros concellos da comarca e a estrea da serie está prevista para o vindeiro ano.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal