Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE MULLERES CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO
"Mulleres silenciadas, unha visión andocentrista da historia" pode visitarse ata finais de mes.
Narón, 17 de Novembro de 2009.- A Concellería de Muller do Concello de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de organizar unha exposición titulada “Mulleres silenciadas, unha visión androcentrista da historia” que pódesecontemplar nos baixos da Biblioteca Central ata finales de mes. O horario para visitala é o seguinte: de luns a sábado, de 10 a 13 horas, e de luns a venres de 17 a 20 horas. A mostra foi inaugurada hoxe polo Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e forma parte do programa de actos para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internancional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Un equipo de traballo da Universidade de A Coruña e a artista Dulce Anca son os responsables da mostra, queconsta de tres partes: -Nunha primeira se recolle parte dun traballo titulado “Sexismo e androcentrismo na prensa periódica” , realizado por un equipo da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña, dirixido pola investigadora Elena Alfaya Lamas. Forman parte deste bloque os seguintes posters: 1. Historia da muller occidental: cando a tiranía se disfraza de protección (obra de Carla López Piñeiro). 2. A violencia contra a muller (Aída López Pardo). 3. Deseño dunha BBDD para o análisis da misoginia no discurso da prensa periódica (Pablo Fernández Mariño). 4. Tipos de violencia contra a muller a través da prensa -2007- (Carolina Gómez Pouso). 5. A supresión da relevancia textual das agresións a mulleres no discurso dos medios de comunicación (Elena Alfaya Lamas). 6. Análise de noticias de agresións a mulleres: un caso práctico (Elena Alfaya Lamas). 7. Violencia e xénero: cobertura informativa en Galicia no 2007 (Carolina Gómez Pouso). 8. Agora falo eu: recursos web sobre muller e medios (Carolina Gómez Pouso). 9. A arpa coma unha representación máis do avance da muller durante os últimos 50 anos (Maria José Carralero). 10. A misoginia como tema de investigación I: prostitución e violación en literatura e pintura (Dolores Villaverde Solar). 11. A misoginia como tema de investigación II: o acoso sexual e a súa representación no arte (s. XVI-XX) (Dolores Villaverde Solar). -Na segunda parte da exposición, saliéntase o traballo de varias mulleres galegas que destacaron nos seus diferentes ámbitos: 12. Maria Barbeito y Cerviño (recollido por Carla López Piñeiro). 13. Elisa Carmen Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas (Pedro Íncio Piñeiro) 14. Maria Remedios Moralejo Alvarez (Carmen Bouzas Caamaño) 15. Soledad Penalta (Dolores Villaverde Solar) 16. Sofía Casanova : poetisa sentimental e valiente corresponsal (Aída López Pardo) 17. Francisca Álvarez González : activista da Alfabetización (Elena Alfaya Lamas) 18. Dolores Rodeiro : escultora compostelana do século XIX (Dolores Villaverde Solar) 19. Angeles Gulín: destacada soprano galega do século XX (María J. Carralero Conde). -A terceira e última parte da mostra céntrase na obra dunha artista actual galega: Dulce Anca. A pintora expón unha serie de traballos do seu último proxecto, Femme, que pretende relacionar o universo co feminino en canto ó seu poder de fecundidade, evolución e transformación.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal