Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ILUMINARÁ ESTA NOITE DE COR VERMELLA O PAZO DA CULTURA E A ROTONDA DE FREIXEIRO CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DO CORAZÓN
O edil de Sanidade, Santiago Galego, anunciou que o Concello se suma un ano máis á conmemoración do Día Mundial do Corazón
Narón, 29 de setembro de 2021. O Concello súmase aos actos conmemorativos do Día Mundial do Corazón e iluminará esta noite de cor vermella a fachada do Pazo da Cultura e a glorieta de Freixeiro. O concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, recordou que o lema deste ano é “Usa corazón”. A través das campañas impulsadas dende a Fundación Española del Corazón lembráronse unha serie de recomendacións como realizar media hora de actividade física ou intensa cinco veces á semana, comer cinco porcións de fruta e vexetales ao día, evitar o consumo de alimentos procesados ou non fumar, entre outros. Galego incidiu na importancia de visibilizar as enfermidades cardiovasculares e de afondar nas medidas de prevención de cara á cidadanía en xeral.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal