Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO ACOLLE MAÑÁ A PROXECCIÓN DA PELÍCULA "A ILLA DAS MENTIRAS"
O PAZO ACOLLE MAÑÁ A PROXECCIÓN DA PELÍCULA
O Padroado da Cultura e o Cineclube Serie B organizan esta convocatoria, que se desenvolve este mes e en outubro no Pazo
Narón, 29 de setembro de 2021. O Ciclo de cine en galego organizado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón e o Cineclube Serie B continúa mañá coa proxección, as 20.00 horas, da película “A illa das mentiras” (2020), dirixida por Paula Cons e galardoada con cinco premios Mestre Mateo, incluído o de Mellor dirección.
A historia dun naufraxio centra a temática deste filme. Todo acontece nunha noite do 1 de xaneiro de 1921 xunto á costa da Illa de Sálvora, donde se afunde un barco, o Santa Isabel, con 260 emigrantes que ían cara a Bos Aires. Unha parte dos pasaxeiros logra salvarse con axuda e un xornalista encargarase de investigar terribles casualidades que se rexistraron esa noite na zona.
O programa do ciclo Cine en galego continuará o 7 de outubro con “Dhogs” (2017), dirixida por Andrés Goteira. Trátase da película máis premiada dos premios Mestre Mateo, con trece galardóns. A última proxección será o 14 de outubro, con “Eroski Paraíso” (2019), dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, galardoada nos Mestre Mateo nas categorías de mellor protagonista feminino e masculino.
A Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga), o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e a Xunta de Galicia colaboran tamén nesta iniciativa.
o



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal