Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL "BENESTAR E SAÚDE" ABRIRASE MAÑÁ
O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL
Os edís de Igualdade, Mar Gómez, e Sanidade, Santiago Galego, presentaron a convocatoria esta mañá no Concello
Narón, 30 de setembro de 2021. Os edís de Sanidade, Santiago Galego, e Igualdade, Mar Gómez, presentaron o programa “Benestar e movemento”, co fin de constituír un grupo de actividade física para persoas con doenzas crónicas. A iniciativa diríxese a persoas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos e que padezan algunha enfermidade crónica. Os concelleiros naroneses anunciaron que o prazo para anotarse neste programa abrirá mañá venres ata esgotar as prazas dispoñibles, un máximo de trinta. As inscricións poden realizarse a través da Sede Electrónica de Narón, do Rexistro municipal ou de calquera do lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
O programa desenvolverase entre os meses de outubro e decembro deste ano no Centro Cívico Social de Xuvia e habilitaranse tres grupos dun máximo de dez persoas cada un. Os horarios serán, en función das quendas: luns de 10.30 a 12.00 horas; venres de 10.00 a 11.30 ou de 11.30 a 13.00. “Trátase dunha proposta de balde e que ten entre os obxectivos que as persoas con enfermidades crónicas realicen exercicio físico para levar mellor os procesos das súas doenzas e alcancen así un maior benestar”, explicaron os edís.
As prazas dispoñibles tramitaranse por rigorosa orde de inscrición e as persoas interesadas en obter máis información poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do teléfono 981 337 700 (extensións: 1115, 1108 e 1109).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal