Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA E A CONCELLEIRA DE BENESTAR SOCIAL VISITARON ESTA MAÑÁ A CARMEN GONZÁLEZ FERNÁNDEZ CON MOTIVO DO SEU CENTENARIO
A ALCALDESA E A CONCELLEIRA DE BENESTAR SOCIAL VISITARON ESTA MAÑÁ A CARMEN GONZÁLEZ FERNÁNDEZ CON MOTIVO DO SEU CENTENARIO
Ferreiro e García felicitaron á homenaxeada no seu centenario desexándolle moitos anos máis con tanto ánimo e agradeceron á familia a acollida nesta celebración
Narón, 01 de outubro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazáronse a Santa Icía, para homenaxear a unha veciña, Carmen González Fernández, que cumpriu cen anos. Procedente de Momán (Xermade), Carmen reside coa súa familia en Sta Icía, Narón, desde o ano 1975.
Cunha filla, Delfina González Fernández, con quen convive, e dous netos, José Luis y Marcos, Carmen González recorda tempos difíciles nos que estivo traballando en Inglaterra no sector da hostalería e dos que aínda conserva moitas vivencias e o recordo dalgunhas expresións na lingua inglesa que amosa cun sorriso.
A alcaldesa, e a concelleira felicitaron a Carmen González con motivo do seu centenario e entregáronlle un ramo de flores como agasallo e tamén unha tarta, na que soprou as velas conmemorativas dos seus cen anos. A homenaxeada conversou animadamente coas representantes municipais xunto á súa familia e agradeceulles a visita e tamén os agasallos. Pola súa banda, Ferreiro e García tamén lle agradeceron a acollida e desexáronlle que continúe cumprindo anos con tanto ánimo e saúde como ata agora.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal