Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA, MARIÁN FERREIRO, E A CONCELLEIRA DE BENESTAR SOCIAL VISITARON ÁS PERSOAS USUARIAS DO CENTRO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES
As representantes municipais conversaron animadamente coas persoas maiores sobre as actividades desenvolvidas no centro e destacaron a labor do persoal e a implicación das familias
Narón, 1 de outubro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazáronse esta mañá ao Centro Integrado Comunitario Manuela Pérez Sequeiros con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas Maiores. As representantes municipais felicitaron aos usuarios e usuarias que se atopaban no Centro, entregáronlles un caravel a modo de homenaxe no seu día e asistiron a unha actuación musical de dúas integrantes da Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón, que interpretaron diversos temas musicais con clarinete e violonchelo adicados ás persoas maiores protagonistas desta xornada. Ferreiro destacou a importancia de que as persoas maiores se manteñan activas e desfruten das actividades e instalacións municipais dirixidas ao colectivo, un dos pilares básicos das políticas do equipo de goberno naronés. García respaldou as palabras da alcaldesa e manifestou o seu desexo de que continuaran desfrutando moitos anos máis das actividades e servizos con que contan no Centro de Maiores e do resto dos servizos que se ofrecen desde o Consistorio. As persoas maiores homenaxeadas agradeceron a visita da alcaldesa e a concelleira e tamén as flores que lles obsequiaron nesta xornada en que se celebra o Día Internacional das Persoas Maiores

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal