Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E A CÁMARA DE COMERCIO COMPROMÉTENSE A XESTIONAR O FUTURO VIVEIRO DE EMPRESAS
Estará situado no Polígono de Rio do Pozo e comenzará a funcionar a finais do 2010.
Narón, 25 de Novembro de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o presidente da Cámara de Comercio de Ferrol, Francisco Cruz, asinaron hoxe un protocolo de intencións entre o Concello de Narón e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol para xestionar o funcionamento do “Viveiro de Empresas” que preténdese construir no sector III do polígono industrial de Rio do Pozo, para o cal se solicitará unha axuda ó Ministerio de Industria dentro do Plan Ferrol antes do 3 de decembro do 2009.

A esta xestión poderán incorporarse entidades xurídicas públicas e privadas, empresariais, sindicais ou doutra natureza, sen ánimo de lucro, que o Concello de Narón e a Cámara de Comercio estimen oportuno. A administración do Viveiro de Empresas se desenvolverá dacordo co proxecto de explotación e tendo en conta as condicións (xurídicas, técnicas e económicas) que ambas entidades públicas establecerán nun futuro, dentro dun convenio ou concerto que se asinará unha vez que o proxecto saia adiante.

O Concello de Narón dispón dunha parcela dotacional de 5.139,77 metros cadrados de superficie, na que se prantexa a construcción dun edificio administrativo e loxístico e outras seis “naves nido” que acompañarán á instalación principal.

O proxecto de desenvolvemento do viveiro de empresas e naves nido ten un orzamento de 1.741.360 euros desglosados da seguinte maneira:

1. Construcción do edificio multiusos, formación e xestión empresarial, e viveiro de empresas: 954.960 euros.

2. Construcción de naves nido para acoller ás empresas: 430.000 euros.

3. Urbanización e infraestructruras do suelo, e instalacións: 177.000 euros.

4. Outros costes, xestión e proxectos: 107.200 euros.

5. Equipamento de oficiñas, informática e formación: 72.200 euros.


Para poder asumir esta inversión, o Concello solicitará unha axuda plurianual do 50% da mesma, ademáis dun crédito do 25% da aportación municipal dentro da convocatoria de axudas para actuacións de reindustrialización nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal no ano 2010 (Plan Ferrol), pertencente ó Ministerio de Industria. A aportación restante sería asumida polo Concello de Narón, a través doutro crédito a 5 anos.

O proxecto de construción dun viveiro de empresas en Rio do Pozo tería un prazo de execución estimado de 16 meses, comenzando as obras en no mes de maio do 2010 e rematando a finais do 2011, data na que os emprendedores xa poderían ocupar as 18 naves que se proxectan construir.

O viveiro de empresas está pensado como lugar de apoio ó nacemento e promoción de novas e pequenas empresas, dándolle prioridade ás que fomenten a innovación e a tecnoloxía. O proxecto naronés prantexa a construcción dun edificio de usos múltiples (de 830 metros cadrados divididos en dúas prantas, tipo “contenedor de empresas”, que albergaría 11 oficiñas individuais para alumbrar o nacemento da empresa, con servicios comúns de comunicacións, servidores informáticos e Internet, telefonía, reprografía, etc… ademáis dun auditorio e un aula de formación) e outras seis naves de pequenas dimensións (250 metros cadrados cada unha) nas que se poida iniciar a actividade industrial. Estos servizos poderán utilizarse, a un prezo moi inferior ó do mercado, durante un prazo máximo de dous anos.

Logo de firmar o protocolo de intencións, o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, votou a vista atrás para contextualizar o proceso de transformación que estase a dar no polígono de Rio do Pozo con cargo a axudas públicas. “Primeiro habilitamos a área de estacionamento de camións, para logo realizar un traballo de mellora dos viais e alumeado público deste polígono pero quedábamos un eixe por cubrir, e o facemos con este proxecto que é un arma importantísima na xeración de autoemprego”, sinalou.

Pola súa parte, o presidente da Cámara de Comercio, Francisco Cruz, alabou ó Concello de Narón por ter iniciada esta idea “xa que non existe a día de hoxe ningún proxecto similar, con estas características, en toda Galicia”, declarou. “Temos que estar preparados para o futuro, e este municipio ten unha dotación empresarial e industrial magnífica”, asegurou Cruz.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal