Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIU HOXE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO "MULLERES EN REDE" DIRIXIDO A MULLERES MAIORES DE 50 ANOS
A edil de Igualdade, Mar Gómez, recordou que se trata dunha convocatoria de balde e na que se abordarán temas vencellados ás novas tecnoloxías e á saúde
Narón, 4 de outubro de 2021. O Concello abriu o prazo de inscrición no curso “Mulleres en rede”, dirixido a mulleres maiores de 50 anos con doenzas psicosomáticas, depresión, ansiedade… cunha rede de apoio social escasa. A edil de Igualdade, Mar Gómez, indicou que as sesións se levarán a cabo entre este mes e decembro deste ano nun centro cívico social ou centro comunitario da cidade. “A finalidade é que as mulleres que participen aprendan a manexar diferentes funcións do seu teléfono móbil, como os chats, a realizar xestións, videochamadas, redes sociais… e tamén ao mesmo tempo abordar temas como a soidade, a xestión emocional”, explicou Mar Gómez. A edil naronesa explicou ademais que se abordarán outros temas como a relaxación e o exercicio físico, a relación coa dor, o estrés, a ansiedade… Entre as finalidades desta convocatoria, de balde, tamén está, apuntou a edil, “a creación dunha rede social de apoio e dun espazo de aprendizaxe emocional, ao tempo que se dotará ás participantes de ferramentas para o autocoidado emocional e se lles facilitará un tempo de desconexión da rutina diaria”. En total habilitaranse trinta prazas, en diferentes quendas, que terán lugar os martes de 10.00 a 11.30 ou de 16.30 a 18.00 horas e os mércores de 16.30 a 18.00 horas. As solicitudes poden presentarse no Rexistro municipal, na Sede Electrónica do Concello ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica de Narón. Para máis información pódese chamar ao Servizo Sociocomunitario Municipal, ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1115, 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal