Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ACUDIU ESTA MAÑÁ AOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO DÍA DA POLICÍA
A ALCALDESA ACUDIU ESTA MAÑÁ AOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO DÍA DA POLICÍA
Marián Ferreiro asistiu acompañada polo edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, e o xefe da Policía Local, Eduardo Pita
Narón, 4 de outubro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, asistiu esta mañá aos actos conmemorativos do Día da Policía celebrados no veciño municipio de Ferrol, presididos pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas e nos que participou o Comisario xefe da Comisaría de Ferrol-Narón, Carlos Soria. A rexedora local acudiu acompañada polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, e o xefe da Policía Local, Eduardo Pita.
O evento tivo lugar ás 10.45 horas, momento no que se levou a cabo un acto institucional no Centro Cultural Torrente Ballester no que se impuxeron condecoracións a oito axentes –dous inspectores, un oficial e cinco policías- da Comisaría Nacional de Policía de Ferrol-Narón, aos que se entregou a Medalla ao Mérito Policial. A continuación, no acto tamén se homenaxeou aos axentes caídos en acto de servizo e ás persoas falecidas pola pandemia da covid-19. Finalmente, celebrouse unha misa na Concatedral de San Julián.
Ferreiro trasladou aos axentes da Policía Local de Narón o recoñecemento feito público hoxe por Rivas durante o acto pola súa dedicación e lealdade durante a crise sanitaria, un recoñecemento compartido co Concello tanto co corpo da Policía Local como con todas aquelas persoas que como voluntarios, particulares ou en representación doutros servizos xa se trasladou tamén no seu día dende do Consistorio.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal