Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DA COMEDIA "LAS CUATRO ESTACIONES... YA NO SON LO QUE ERAN"
As entradas dispoñibles para este espectáculo poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da web: www.padroadodecultura.es
Narón, 5 de outubro de 2021. O teatro centrará a programación desta fin de semana no Pazo da Cultura. O sábado día 9 ás 20.00 horas poderase ver a obra de teatro musical “Las cuatro estaciones… ya no son lo que eran”, da compañía Teatro Che y Moche. “Las cuatro estaciones… ya no son lo que eran” é unha comedia centrada na música de Vivaldi. É unha peza dirixida a todo tipo de públicos, na que Teatro Che y Moche amosarán unha peculiar forma de vivir un concerto, cun humor espontáneo e intelixente onde o sorriso e a tolemia se unen á música en directo de principio a fin. O prezo das entradas aínda dispoñibles é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es