Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA EN 122.000 EUROS AS OBRAS DO PROXECTO DE MELLORA DE ACCESIBILIDADE DO EDIFICIO DO XULGADO
Os traballos consistirán na instalación dun ascensor que permitirá conectar a planta baixa e primeira, entre outras actuacións
Narón, 6 de outubro de 2021. O Concello licita en 122.721 euros o proxecto de mellora de accesibilidade no edificio do Xulgado de Narón, no antigo Concello de Xuvia. Trátase dunha actuación que o goberno local enmarcou no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal, POS+Adicional 2021 da Deputación da Coruña. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que “a materialización destes traballos contempla a instalación dun ascensor apto para o transporte de persoas e/ou carga, comunicando a planta baixa e a primeira, que son as de uso público, e a maiores contempla a remodelación de rampas de acceso para as citadas dependencias”. As empresas interesadas dispoñen de prazo ata o 22 deste mes para presentar as súas ofertas no Concello, podendo consultar o prego técnico e administrativo a través da Plataforma de Contratación do Sector Público. O edificio do Xulgado ten unha superficie aproximada en planta de 240 metros cadrados e consta de catro plantas. O acceso realízase a través da escalinata da fachada principal, donde tamén se habilitou un espazo de rampa, e a planta baixa e a primeira ademais de con escaleiras están comunicadas con un salvaescaleiras. “Na planta baixa están as instalacións da Aula Cemit, donde se celebran varios cursos ao longo do ano, e unha oficina de atención ao público, entre outras estancias, e na primeira hai tamén oficinas e o antigo salón de plenos, donde se celebran as vodas civís”, apuntou Ferreiro. A alcaldesa indicou que “a través deste proxecto o edificio será máis accesible e adaptado, respondendo así a unha demanda que nos vindeiros meses estará atendida”. A maiores da instalación do ascensor, os traballos a executar contemplan tamén a instalación de pasamanos, e reformas nalgunhas rampas tanto no interior como no exterior da construción. “Dende o goberno local continuaremos traballando en mellorar a accesibilidade tanto de espazos e vías públicas, como foi o caso das Vivendas da Mariña, as rúas da Paz, Mugardos… como de edificios municipais, como xa se fixo, entre outros, co Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, donde tamén se investiron recentemente algo máis de 100.000 euros na instalación dun ascensor”, recordou a rexedora local.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal