Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLEIRO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, DAVID PITA, PRESENTA O PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO DA ECONOMÍA DE PROXIMIDADE
O CONCELLEIRO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, DAVID PITA, PRESENTA O PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO DA ECONOMÍA DE PROXIMIDADE
Nos vindeiros días iniciarase o proceso de identificación das liñas concretas de actuación coa participación de asociacións, empresas e cidadanía
Narón, 14 de Outubro de 2021.- O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, anunciou esta mañá no Concello o inicio da I Fase do “Proxecto de desenvolvemento da economía de proximidade” que ten como obxectivo fundamental desenvolver a economía local de Narón.
Pita manifestou que neste proxecto identificaranse e poñeranse en marcha accións concretas que contribúan a xerar máis riqueza no concello de Narón, o que implicará: xerar postos de traballo para persoas que residan en Narón, incidindo nos mozos, mulleres e parados de longa duración; contribuir a elevar a facturación das empresas de Narón; lograr que as persoas e as súas familias queiran residir en Narón; atraer novos investimentos e desenvolver as empresas do noso concello.
O edil de Promoción Económica incidiu en que “o proxecto que comeza hoxe non se pode desenvolver sen a participación de todos e todas. A cidadanía, asociacións, empresas e en xeral o Concello de Narón participarán activamente na elaboración e desenvolvemento deste proxecto”. Debemos lograr que a cidadanía crea e aposte polos produtos e servizos de Narón. Necesitamos que as nosas empresas dean a oportunidade a proveedores locais e que contribúan a desenvolver novos potenciais proveedores. Temos que axudar ás nosas empresas para identificar e desenvolver máis oportunidades de negocio. Debemos crear as condicións para atraer investimento que xere novas oportunidades de desenvolvemento da economía local.

As liñas básicas desta I Fase serán:
1.-Análise da Economía Local en Narón
• Variables económicas significativas
• Revisión situación do uso do chan
• Principais recursos e capacidades competitivas detectadas.
• Sesións de participación local
2.-Estudo de Consumo que axude a detectar as Cadeas de Valor esenciais.
• Estatísticas de consumo provincial
3.-Identificar as cadeas de valor con mais interese potencial. Análise de viabilidade
• Déficit de produción local
• Consumo local estratéxico e casos de éxito
• Recursos e factores de competitividade
• Sesións de participación local
4.- Identificación dos proxectos transversais necesarios
5.- Identificación dos proxectos para desenvolvemento
6.- Elaboración do cadro de mando de seguimento da Economía Local

Nos próximos días comezarase o proceso de identificación das liñas concretas de actuación. Neste proceso convidarase a participar a asociacións, empresas, cidadanía… Queremos que sexa un obxectivo estratéxico do noso concello desenvolver a economía local a través da economía de proximidade, asegurou Pita.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal