Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ASINADO ESTA MAÑÁ O CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E A ASOCIACIÓN ÁUREGA EN MATERIA DE ENSINO
O obxecto deste convenio é o desenvolvemento da escola de familias de esta entidade, considerada actividade de interese social de carácter singular dado o colectivo ao que vai dirixido
Narón, 14 de outubro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou esta mañá un convenio de colaboración en materia de Ensina entre o Concello de Narón e a entidade Asociación “ÁUREGA”, representada polo seu presidente, Marcos Antonio Castro Vigo. A firma contou coa presenza da concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. A entidade ÁUREGA é unha asociación, sen ánimo de lucro, de familias de nenos e nenas con altas capacidades, talentos e/ou inquedanzas intelectuais que desenvolve obradoiros especiais para este colectivo así como a escola de familias. O obxectivo deste convenio é o desenvolvemento da escola de familias desta entidade, considerada actividade de interese social de carácter singular dado o colectivo ao que vai dirixido. A escola de familias consiste no desenvolvemento de charlas, conferencias o coloquios nos que se conta con relatores que ofrecen respostas ás dúbidas que xorden a diario, proporcionando ferramentas e pautas de actuación para poder acompañar ás familias neste proceso. As actividades comprendidas neste convenio desenvolvense no periodo comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2021, desenvolvendose no termo municipal de Narón no local que a entidade dispoña para a atención deste colectivo, agás aquelas que polas súas características deban ser realizadas en dispositivos da entidade na comarca. O Concello realiza unha achega económica de dous mil euros e asesoramento técnico-administrativo do Servizo Sociocomunitario. A entidade se compromete tamén a colaborar co Concello de Narón en eventos conmemorativos organizados polo Concello e relacionados coa temática deste convenio. O Concello de Narón leva varios anos colaborando con distintas entidades para desenvolver programas en materia de ensino co alumnado, especialmente con altas capacidades. A alcaldesa valorou e agradeceu o traballo desenvolvido pola asociación ÁUREGA para acadar o desenvolvemento social deste colectivo no municipio e expresou o respaldo do equipo de goberno para seguir traballando nesa líña no futuro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal