Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU TRES CONVENIOS CON CENTROS DE ENSINO DA CIDADE EN MATERIA DE PROMOCIÓN EDUCATIVA
A ALCALDESA ASINOU TRES CONVENIOS CON CENTROS DE ENSINO DA CIDADE EN MATERIA DE PROMOCIÓN EDUCATIVA
Os beneficiarios dos convenios asinados son as alumnas e os alumnos de cada un destes centros educativos, todos eles con máis de vinte anos desde a súa implantación na cidade
Narón, 14 de outubro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou esta mañá no Concello tres convenios de colaboración con tres representantes de centros de ensino da cidade. A cita contou coa presenza da concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. Os convenios asináronos, por parte dos centros, Mª Belén Franco Mouriz, directora do CEIP Piñeiros; María del Carmen Loureiro Rodríguez, directora do CEIP Virxe do Mar; e Mª del Carmen Vázquez Barreiro, directora do CEIP Ponte de Xuvia. En conxunto, o importe destinado desde a administración local a este convenios de promoción educativa ascende a 5.800 euros. O Concello achega ademáis recursos humáns co asesoramento técnico e administrativo do Servizo Sociocomunitario Municipal en todo o relacionado co contido do acordo a desenvolver. Estes acordos teñen vixencia desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2021.
O Concello, a través do Servizo Sociocomunitario Municipal, leva varios anos promocionando na cidade actividades educativas a través do programa de recursos educativos de apoio á escola, moitas delas nos parques temáticos e áreas medioambientais da cidade. “En base á boa aceptación que teñen este tipo de actividades e considerando a necesidade de darlle continuidade a este programa, un ano máis asinamos estes convenios para seguir desenvolvendo esas actuacións”, asegurou a rexedora local.
Os beneficiarios do convenio son as alumnas e os alumnos de cada un destes centros educativos, todos eles, con máis de 20 anos desde a súa implantación na cidade. A alcaldesa agradeceu a gran implicación nos programas que, dirixidos aos escolares, se impulsan desde o Concello e que complementan a outros organizados dende os colexios. “Accións que consideramos moi importantes e, polo tanto, ás que queremos dar continuidade contribuíndo ao seu desenvolvemento na medida das posibilidades do Concello”, manifestou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal