Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA E OUTROS REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN NARONESA ASISTIRON Á MOBILIZACIÓN CONVOCADA ESTA MAÑÁ POR TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE ELECTRORAYMA
A rexedora local, Marián Ferreiro, reiterou o apoio do Concello, dentro das posibilidades da administración local, ás reivindicacións do plantel de traballadores e traballadoras
Narón, 15 de outubro de 2021. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asistiu esta mañá xunto con outros representantes da corporación municipal á mobilización convocada por traballadores e traballadoras de ElectroRayma con motivo da situación complicada na que se atopan actualmente. ElectroRayma é unha empresa con sede en Narón con máis de trinta anos como proveedora do sector naval, con altas capacidades técnicas en proxectos, montaxes, reparacións e mantemento eléctrico, electrónico e sistemas de control, mesmo en reparación de motores e xeradores. A difícil situación do plantel de traballadores e traballadoras derivase principalmente da retirada de carga de traballo por parte de Navantia. Esta situación podería provocar un importante problema social na comarca como consecuencia da perda de emprego. O Pleno do pasado mes de setembro do Concello de Narón aprobou unha declaración institucional na que se acorda instar a Navantia para que conte coa Empresa ElectroRayma para o desenvolvemento de novos proxectos co obxectivo de que esa carga de traballo evite que máis de trescentas familias se vexan afectadas á perda do seu emprego. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, manifestou o seu apoio aos traballadores e traballadoras da empresa ElectroRayma nas súas reivindicacións e reiterou o apoio do Concello de Narón en todas as circunstancias nas que sexa posible desde a administración local.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es