Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PON EN MARCHA EN NARÓN A CAMPAÑA SOLIDARIA ´RECICLA VIDRO POR ELAS` NA CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO CANCRO DE MAMA
A campaña destaca a importancia de coidar o medio ambiente e coidar a saúde mediante a prevención
Narón, 19 de outubro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou esta mañá, xunto do edil de Servizos, Ibán Santalla, a posta en marcha en Narón da campaña solidaria “Recicla vidro por elas” , promovida por Ecovidrio en colaboración coa Fundación Sandra Ibarra. A campaña, enmarcada nos actos desenvolvidos no Concello nesta data conmemorativa do Día Mundial do cancro de mama, ten como obxectivo mobilizar á cidadanía a reciclar envases de vidro para coidar do medio ambiente e contribuír así cunha causa solidaria: a prevención do cancro de mama. Desde hoxe e durante as próximas semanas, dous iglús rosas estarán situados na Praza da Gándara. Ecovidrio transformará os envases de vidro depositados nos colectores nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra de Solidariedade fronte ao Cancro. Como símbolo da concienciación e solidariedade co cancro de mama, Ágatha Ruiz de la Prada deseñou un miniglú especial para a ocasión, no que se destaca o lema da Fundación Sandra Ibarra: “Cheos de vida”. O miniglú poderase adquirir a través da web Miniglú.es e os beneficios destinaranse á Fundación Sandra Ibarra para contribuír á prevención e investigación do cancro. Segundo os últimos datos relativos a 2020, os habitantes de Narón reciclaron un total de 494 toneladas de envases de vidro, o que supón que cada habitante reciclou de media 12,7 kg. Respecto da taxa de conterización, Narón sitúase nunha media de 241 habitantes por colector, contando cun total de 162 iglús para os residuos de envases de vidro instalados. A reciclaxe de envases de vidro é un elemento fundamental para contribuír ao desenvolvemento sustentable, fomentar a transición cara á economía circular e loitar contra o cambio climático. Ademais, a reciclaxe de envases de vidro é unha actividade que apoia o cumprimento da Axenda 2030 e os obxectivos de desenvolvemento sustentable, concretamente, redunda sobre os obxectivos: Cidades e comunidades sustentables, Produción e consumo responsables e Acción polo clima. Ferreiro manifestou a decidida aposta do Concello de Narón por seguir traballando co obxectivo de impulsar, visibilizar e contribuir, segundo as posibilidades da administración local, á mellora dos aspectos relativos á saúde da cidadanía e dun mellor medio ambiente que, sen dúbida, repercutirá moi positivamente na vida das persoas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal