Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN AFAL ASINAN CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE ACCIÓN SOCIAL
A alcaldesa agradeceu o traballo desenvolvido pola entidade coas persoas afectadas de Alzheimer e outras demencias e o apoio psicosocial ás súas familias, reiterando o respaldo do Concello neste importante e necesario labor social
Narón, 20 de outubro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou esta mañá un convenio de colaboración en materia de acción social entre o Concello de Narón e a Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias neurovexetativas, AFAL Ferrolterra, representada polo presidente, Francisco Pantín Castro. No acto estivo presente a concelleira de Acción Social, Catalina García. AFAL Ferrolterra traballa na comarca desde o ano 1997 ofrecendo un servizo completo para acadar a mellora na calidade de vida das persoas enfermas de Alzheimer e outras demencias, así como as súas familias. O convenio de colaboración asinado permitirá desenvolver un programa de contidos que consta de diversos tipos de actividades como son: Actividades asistenciais e terapéuticas no Centro de Día de Afal incluindo servizo de apoio para coidadores/as e familiares de persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer e outras demencias. Intervención social profesional a cargo da traballadora social e punto de información permanente de luns a venres. Dúas accións formativas dirixidas a familiares, webinar “Aprendizaxe de convivencia coa demencia” e unha acción formativa dirixida a profesionais, Policía Municipal ou Traballadoras Sociais. Obradoiros de estimulación cognitiva para persoas enfermas de Alzheimer e outras demencias na fase inicial en Narón así como servizo de soporte e seguimento telemático. Posta a disposición de dúas prazas a xornada completa e con comida, e cobertura de tres prazas a media xornada sen comida, no Centro de Día Terapéutico especializado neste colectivo, coa aplicación da tarifa de socio. As actuacións conveniadas estarán coordinadas co Servizo Sociocomunitario e coas unidades de traballo social do Concello, desenvolveranse no termo municipal de Narón, no local que a entidade dispoña para a atención deste colectivo, agás aquelas que polas súas características deban ser realizadas en dispositivos da entidade na comarca. O convenio terá unha vixencia desde o 01/01/2021 ata o 31/12/2021 e o Concello de Narón realizará unha achega económica de seis mil euros. A rexedora local, Marián Ferreiro, agradeceu o traballo desenvolvido pola asociación AFAL Ferrolterra coas persoas afectadas de Alzheimer e outras demencias e coas súas familias no municipio e manifestou o respaldo do Concello neste importante e necesario labor social.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal