Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA PENTACIÓN TEATRO REPRESENTARÁ ESTE SÁBADO NO PAZO A COMEDIA "VIVA LA PEPA"
A actriz Pepa Rus, coñecida polos seus papeis nas series La que se avecina, Aída e Gym Tony, entre outras, forma parte do elenco desta obra
Narón, 21 de outubro de 2021. O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro sábado, día 23 ás 20.00 horas, a representación do espectáculo “Viva la Pepa”, da compañía Pentación Teatro. O Padroado da Cultura realizou un cambio na programación por motivos da Covid-19 que obrigou a suspender a representación da obra Mocha Dick, de La Mona Ilustre, ao ser unha compañía chilena sen autorización para viaxar. O espectáculo “Viva la Pepa” enmárcase no xénero da comedia e conta entre o seu elenco coa actriz Pepa Rus, coñecida polos seus traballos nas series de televisión La que se avecina, Gym Tony e Aída (interpretando nesta última a "Macu"), entre outros. As entradas aínda dispoñibles ata completar aforo poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura, a un prezo de 12 euros para público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal