Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCOU CINCO PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO MEDIANTE O SISTEMA DE OPOSICIÓN
O edil de Persoal, Pablo Mauriz, indicou que o prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 2 de novembro
Narón, 21 de outubro de 2021. O concelleiro de Persoal, Pablo Mauriz, anunciou que o Concello convocou cinco prazas de auxiliar administrativo –da escala de administración xeral, subescala auxiliar e clase auxiliar- mediante o sistema de oposición. O edil naronés indicou que catro delas son en turno libre e unha reservada para persoas con discapacidade e explicou que o vindeiro 2 de novembro rematará o prazo de presentación das solicitudes. As bases que rexen esta convocatoria para a provisión das citadas prazas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 5 de febreiro de 2020, 13 de abril e 2 de agosto de 2021, así como no Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo de 2020, 28 de setembro e 1 de xuño de 2021. A fase de oposición constará de catro exercicios, sobre a parte teórica do exame –o temario pode consultarse nas propias bases-, informática e galego.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal