Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMORA MAÑÁ CON VARIOS ACTOS NA PRAZA DE GALICIA O DÍA DA BIBLIOTECA
A programación desenvolverase en horario de mañá e tarde, con propostas dirixidas a persoas de todas as idades, tal e como recordou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 22 de outubro de 2021. A Praza de Galicia acollerá mañá durante todo o día os actos conmemorativos do Día da Biblioteca. As propostas desenvolveranse en horario de mañá e tarde e tiveron unha gran acollida entre o público, á vista da rapidez con que se cubriron as prazas que se ofertaban para aquelas que precisaban inscrición previa debido á actual situación sanitaria. A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou ao respecto que o pasado luns 18 abriuse o prazo de inscrición nas actividades e ese mesmo día cubríronse todas as ofertadas, habilitándose unha lista de agarda por se houbese algunha baixa ou se a última hora quedasen libres algunhas prazas. Ao longo da mañá terán lugar dúas sesións de contacontos: “Os tres porquiños”, de Migallas Teatro e dirixida a bebés, ás 11.30 horas, e “Galiza máxica”, ás 13.00 horas, a cargo de Marta Ortiz e dirixida a público infantil e familiar. Pola tarde retomarase a programación ás 17.00 horas, cun obradoiro de ilustración co artista Leandro Lamas e ás 18.30 horas terá lugar o concerto “As miñas mans”, de Pablo Díaz. A situación sanitaria non fará posible este ano expoñer certos materiais da Biblioteca municipal, como prensa, revistas, boletíns de novidades… se ben si se poderá amosar outro material que non implique contacto físico entre persoas, como fotografías, vídeos informativos, paneis con códigos QR que redireccionen ás diferentes seccións da Biblioteca municipal… A finalidade desta convocatoria é, un ano máis, dar a coñecer os servizos bibliotecarios municipais e achegalos á cidadanía facendo uso nesta ocasión dun espazo público como é a Praza de Galicia. As persoas que acudan deberán cumprir todas as medidas de seguridade e respectar as indicacións que se dean na zona do evento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal