Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS "I XORNADAS MICOLÓXICAS CONCELLO DE NARÓN" CELEBRARANSE O VINDEIRO MES DE NOVEMBRO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou o evento acompañada polo presidente e o secretario da Asociación Micolóxica Viriato, Manuel Costas e José Bouso, respectivamente
Narón, 22 de outubro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o presidente e o secretario da Asociación Micolóxica Viriato, Manuel Costas e José Bouso, respectivamente, presentaron esta mañá no Concello a primeira edición das “Xornadas micolóxicas Concello de Narón”. A rexedora local avanzou que se desenvolverán os días 4,5 e 6 de novembro e anunciou que a partir do vindeiro luns, día 25, se poderán inscribir –de balde- as persoas interesadas en asistir ás diferentes propostas programadas, ofertándose un total de trinta prazas. As inscricións deben realizarse na Biblioteca municipal de Narón, presencialmente ou chamando por teléfono -981 382 173- no horario de apertura (de luns a venres entre as 9.30 e as 13.30 e de 16.00 a 21.00 horas ou os sábados de 10.00 a 13.00 horas). Os días 4 e 5 de novembro os participantes acudirán no Café Teatro do Pazo da Cultura –de 19.30 a 21.00 horas- a unha xornada de iniciación á micoloxía. Na mesma, tal e como indicou Costas, “poderase ver unha proxección sobre as características dos cogomelos, o seu hábitat, a importancia para os ecosistemas e ensinarase a diferenciar entre cogomelos comestibles e tóxicos, entre fungos e cogomelos… A Asociación Micolóxica Viriato aportará os cogomelos para que os asistentes poidan tocalos e observalos no transcurso dunha Mesa de clasificación. O último día, o sábado 6, realizarase en horario de mañá –ás 10.00 horas- unha saída ao monte do Forgoselo, pola zona do concello de As Pontes. Trátase, tal e como indicaron dende Viriato, dunha clase práctica de recoñecemento de cogomelos que xa conta coas pertinentes autorizacións e para a que se prevé habilitar dende o Concello un servizo de transporte de ida e volta. A alcaldesa, Marián Ferreiro, animou ás veciñas e veciños da cidade a inscribirse nesta convocatoria e felicitou á Asociación Micolóxica Viriato pola implicación na organización destas xornadas. “Estamos moi agradecidos dende o Concello polo apoio recibido para organizar esta primeira edición das xornadas, que confiamos en que sexan un éxito e poder organizar novas convocatorias co fin de que a xente coñeza máis polo miúdo o mundo da micoloxía da man de profesionais nesta área”, recalcou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal