Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS POLÍGONOS INDUSTRIAIS DA GÁNDARA, AS LAGOAS E RÍO DO POZO DISPOÑEN DENDE HAI UNHAS SEMANAS DE SERVIZO DE LIMPEZA VIARIA CON CARGO AO NOVO CONTRATO MUNICIPAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse ao parque empresarial de Río do Pozo para comprobar o avance dos traballos
Narón, 23 de outubro de 2021. Os tres polígonos industriais de Narón, A Gándara, As Lagoas e Río do Pozo, dispoñen dende hai unhas semanas de servizo de limpeza viaria. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse ao parque empresarial de Río do Pozo para comprobar o avance dos traballos. Ferreiro destacou que “a limpeza viaria dos polígonos é unha das melloras incluídas no novo contrato de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria do Concello, unha acción que permitirá mellorar considerablemente o servizo nos tres polígonos industriais da nosa cidade”. Ferreiro explicou que “cada luns, mércores e venres un equipo formado por operarios da empresa adxudicataria deste servizo encárgase de realizar estas tarefas, para as que conta cunha barredora, material de desbroce e unha retroexcavadora, entre outros”. A alcaldesa incidiu en que estas tarefas “cambiarán a imaxe dos polígonos industriais destes tres núcleos da zona urbana, contribuíndo tamén con este servizo que pasa a ter un carácter fixo, porque se viña realizando de xeito puntual, ao desenvolvemento empresarial e mantendo nas mellores condicións os viais, beirarrúas…”. A maiores, a renovación dos contenedores, que xa están chegando á cidade e a implantación do contenedor marrón para a quinta fracción –residuos orgánicos- é outra das melloras contempladas no novo contrato de recollida de RSU e limpeza viaria de Narón. Con motivo do reinicio do feirón de Santa Icía, na Solaina, a empresa adxudicataria do servizo é tamén a encargada de realizar a limpeza da zona trala realización deste evento, que ten lugar o primeiro domingo de cada mes. Así mesmo, hai tan só uns días comezaba a traballar na cidade a primeira varredoira eléctrica e dende a entrada en vigor do novo contrato tamén se reforzaron os traballos de desbroces na zona rural ao traballar un equipo de operarios en horario de tarde durante os meses do ano nos que se intensifican estas tarefas e contar ademais cun total de catro tractores, tres a maiores do que se encargaba habitualmente deste traballo. O Concello destinou unha partida de 30 millóns de euros para o contrato, os vindeiros dez anos, do servizo de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria en todo o termo municipal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal