Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SÚMASE Á COLABORACIÓN COAS PERSOAS DAMNIFICADAS POLO VOLCÁN DA PALMA
O Cabildo Insular de La Palma agradeceu o apoio do Concello de Narón e indicou que o mellor xeito de colaborar é a través da vía económica
Narón, 24 de outubro de 2021. O Concello de Narón súmase á campaña de axudas ás persoas afectadas pola erupción do volcán da Palma. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a edil de Benestar Social, Catalina García, acordaron dirixirse ao Cabildo insular co fin de interesarse polo mellor xeito de implementar na cidade accións para axudar ás veciñas e veciños afectados, ao tempo que lle trasladaron unha mensaxe de ánimo e forza nestes momentos tan difíciles que están atravesando. Dende o Cabildo insular de La Palma contactaron coa área de Benestar Social para “agradecer enormemente ao pobo de Narón que se dirixise a nós para amosarnos o seu apoio e colaboración nestes momentos tan difíciles”. Ao mesmo tempo, aseguraron que “actualmente temos cubertas todas as necesidades básicas, polo que o mellor xeito de colaborar coas persoas damnificadas é a través da vía económica”, indicando a continuación os procedementos a través dos que se poden realizar esas achegas. As persoas que desexen colaborar economicamente poden facelo a través de Bizum –código 03747- e tamén dende España realizando o abono no IBAN: ES47 2100 9169 0122 0017 9456 ou dende o estranxeiro, BIC/Código Swift: CAIXESBBXXX, indicando no apartado do concepto “Donación volcán” e como destinatario o “Cabildo Insular de La Palma”. No Concello de Narón xa se ofreceu a información ás persoas que traballan no propio Consistorio, co fin de que no caso de que estean interesados en colaborar poidan facelo a través das vías indicadas. Así mesmo, destacaron a solidariedade das veciñas e veciños de Narón “que sempre que é posible, ante este tipo de situacións teñen demostrado sobradamente a súa solidariedade coas persoas que máis o precisan ante diversas situacións”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal