Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROLTERRA
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE FERROLTERRA
A rexedora local, Marián Ferreiro, asinou o convenio coa presidenta da entidade, Teresa Gallo nun acto ao que tamén asistiu a concelleira de Benestar Social, Catalina García
Narón, 25 de outubro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou esta mañá no Concello un convenio de colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, representada pola súa presidenta, Teresa Gallo. No acto estivo tamén presente a concelleira de Benestar Social, Catalina García. O convenio supón unha achega por parte do Concello de 3.000 euros, para levar a cabo diferentes iniciativas.
O Consistorio naronés mantén o seu compromiso coa citada asociación coa finalidade de ofrecer programas de atención a persoas xordas e con discapacidade auditiva, dando continuidade ao traballo que se realiza na cidade nesta área co colectivo de persoas con diversidade funcional e as súas familias.
O acordo permitirá ao Concello dispoñer dunha bolsa de 75 horas do servizo de intérprete de lingua de signos en actividades nas que considere necesaria a prestación do mesmo. Unhas horas que, tal e como se recolle no acordo, tamén poderán destinarse a cursos de formación que organizaría a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra. Tamén se ofrece dende o colectivo información, asesoramento e servizo de mediación da comunidade xorda, en coordinación co Servizo Sociocomunitario Municipal.
Ferreiro e García destacaron o traballo que ao longo do ano realiza a asociación coas persoas xordas e as súas familias e incidiron na importancia de poder manter na cidade un servizo destas características da man dos profesionais que integran a AXF. Ao mesmo tempo, a alcaldesa e a edil de Benestar Social agradeceron a colaboración e implicación da entidade coa administración local.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal