Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO RETOMARÁ O VINDEIRO MES DE NOVEMBRO OS CONSELLOS TERRITORIAIS NAS PARROQUIAS E BARRIOS DA CIDADE
O CONCELLO RETOMARÁ O VINDEIRO MES DE NOVEMBRO OS CONSELLOS TERRITORIAIS NAS PARROQUIAS E BARRIOS DA CIDADE
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou as datas nas que se celebrarán as xuntanzas
Narón, 26 de outubro de 2021. O Concello retomará a vindeira semana os Consellos Territoriais, que se desenvolverán durante o mes de novembro e ata o 2 de decembro. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que estas convocatorias son un dos órganos de representación que establece o Regulamento de Participación Cidadá de Narón, actuando como “espazos de encontro entre a veciñanza de cada barrio ou parroquia con representantes municipais para promover o intercambio de necesidades e ideas de cada territorio e afondar na cohesión comunitaria”.
A edil de Participación Cidadá presidirá os Consellos Territoriais, aos que están convocados representantes municipais doutras áreas do goberno e dos grupos políticos da corporación municipal. Persoal técnico da Escola de Participación será o encargado de moderar as convocatorias.
A primeira cita será o vindeiro martes, 2 de novembro, ás 18.00 horas no local social da Gándara e celebraranse ata o 2 de decembro un total de catorce encontros nos barrios e parroquias do municipio. As seguintes citas programadas en novembro serán o día 3 na Escola de San Mateo -18.00 horas-; o 9 no Local Social de Xuvia -19.00-; o 10 no local da Sociedade Cultural Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso -18.00-; o 11 no local social de Piñeiros -19.00-; o 15 no local social do Val -17.30-; o 16 no local social “Virxe de Fátima”, en Freixeiro -18.00-; o 17 no local social do Couto -18.00-; o 18 no local social de Doso -20.00-; o 24 no local social “O Paraxe”, en Castro -19.30-; o 29 no local social de San Xiao -18.00- e o 30 no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía -19.00-. Así mesmo, os convocados para o mes de decembro terán lugar o día 1 no local social do Alto do Castiñeiro -18.00 horas- e o último será o 2 no local social de Sedes -19.30-.
“Nas convocatorias actualizarase ante os asistentes o estado das diferentes cuestións abordadas na primeira edición dos Consellos Territoriais deste ano, e tamén se presentarán as principais liñas do proxecto de orzamentos municipais para 2022, así como outra información de relevancia para o tecido asociativo da cidade”, explicou García.
As persoas que desexen asistir deben confirmalo previamente, para garantir os controis de aforo nos locais, enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413.
Así mesmo, a concelleira de Participación Cidadá anunciou que se está desenvolvendo na cidade un proxecto piloto para apoiar ás asociacións veciñais, iniciado nas de San Xiao e “Rosa dos Ventos”, en Sedes. “Queremos mellorar a capacitación das entidades á hora de promover, convocar e desenvolver unha asemblea veciñal, fomentando a creación colectiva de propostas que posteriormente se presentarán nos Consellos Territoriais”. García recordou que a parte teórica xa se levou a cabo e que se concretará na celebración de dúas asembleas veciñais convocadas os días 15 de novembro en San Xiao -17.30 horas- e 18 de novembro -20.00- en Sedes.


Descarga de archivos
Consellos TerritoriaisTamaño: 90,48 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal