Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA VISITOU A PLANTA DE TRANSFERENCIA DE RESIDUOS DE SOGAMA NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
A ALCALDESA VISITOU A PLANTA DE TRANSFERENCIA DE RESIDUOS DE SOGAMA NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
A rexedora local, Marián Ferreiro, estivo acompañada polos edís de Servizos, Ibán Santalla, e Medio Ambiente, Santiago Galego, nunha visita á que acudiron tamén a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez, entre outros
Narón, 26 de outubro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, desprazouse esta mañá, acompañada polo edil de Servizos, Ibán Santalla, e o de Medio Ambiente, Santiago Galego, entre outros edís da corporación local, á planta de transferencia de residuos que a empresa Sogama ten no polígono industrial de Río do Pozo. Visitaron tamén as instalacións a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez.
A alcaldesa de Narón valorou o investimento de 300.000 euros que a Xunta realizará para mellorar a planta de transferencia de Río do Pozo, unha actuación que se prevé licitar a comezos do vindeiro ano. Grazas a esas melloras poderase trasvasar no na planta a materia orgánica recollida no contedor marrón, a maiores dos residuos das bolsas negra e amarela. “Quero agradecer que se faga este esforzo e nesta planta de transferencia, porque nós levamos tempo traballando na implantación da quinta fracción e así llo trasladamos no seu día á conselleira”, apuntou. Así mesmo recordou que “temos en vigor o novo contrato de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns, que implica esa implantación do contedor marrón e queriamos unha solución para depositar eses residuos. A verdade é que a que nos dan é a mellor para as veciñas e veciños de Narón porque ao poder depositalos nesta planta evita ao Concello maiores gastos de desprazamentos para o traslado".
Ao remate da visita o edil de Medio Ambiente naronés interesouse ante a conselleira polo tratamento e a limpeza da conocida como “herba da pampa” e tamén lle trasladou os problemas que causan os xabarís no termo municipal, quedando pendiente concretar unha reunión coa delegación territorial para abordar este asunto e buscar unha solución á proliferación desta especie invasora.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2021 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal