Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A BIBLIOTECA ACOLLE A EXPOSICION "CRÓNICAS DA REPRESIÓN LINGÜÍSTICA"
A BIBLIOTECA ACOLLE A EXPOSICION
Pódese visitar nos baixos da Biblioteca ata o dia 18 de decembro
Narón, 4 de Decembro de 2009.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, inaugurou hoxe na sala de exposicións da Biblioteca Municipal do Alto a mostra “Crónica da represión lingüística. Galicia 1936”, patrocinada pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Narón. No acto estivo presente tamén o deputado provincial Xoán Manuel Sande Muñiz, ademáis de representantes da Corporación Municipal de Narón.

Segundo explicou o Concelleiro de Cultura, esta exposición pode visitarse ata o vindeiro 18 de decembro, de luns a venres en horario de mañá e tarde (de 10 a 13 horas, e de 17 a 20 horas) e os sábados pola mañá, nos baixos da Biblioteca. “Para o Concello de Narón estar hoxe aquí é unha honra porque se algo nos diferencia dos demáis como país é a lingua”, indicou. O Edil lembrou que o Concello ten aprobada dende o ano 1992 unha ordenanza de normalización lingüística e que fai dous anos amplióuna coa creación dun servizo específico sobre a materia, situado no 5º andar do Concello.

Sanchez Fojo finalizou expresando o seu desexo de que “nunca se perda a língua nai, porque é a que mantén a nosa identidade como pobo”, dixo. “Crónica da represión lingüística” está a percorrer 14 concellos da provincia de A Coruña, entre eles o de Narón, cunha montaxe formada por 16 paneis informativos e un vídeo que recolle a testemuña de persoas que viviron aquela época.

A este respecto, o deputado provincial Xoán Manuel Sande engadiu que “é bo que a xente vea e coñeza que o galego foi unha lingua reprimida, a única língua que sufríu unha represión en España durante o franquismo”.

Finalmente, o encargado de recoller todo o traballo informativo e convertilo nesta exposición, Xan Leira, declarou que a intención da exposición é “documentar cientificamente este momento histórico, comprendido entre 1936 e 1975, para que a xente reflexione sobre o papel dos galegos e do idioma galego no mundo”, concluíu.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal