Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
AMPLIADO O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DA EMPRESA DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO E VOLUMINOSOS
AMPLIADO O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DA EMPRESA DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO E VOLUMINOSOS
O edil de Servizos, Ibán Santalla, destacou as melloras do contrato, que amplían o horario de atención ás tardes de luns a venres e os sábados pola mañá e a recollida de voluminosos pasa de dous a catro días á semana
Narón, 29 de outubro de 2021. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou a ampliación do horario de atención ao público da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo e voluminosos no termo municipal, Urbaser. O edil indicou que dende hai uns días a atención telefónica a través do número 981 391 074 realizarase ininterrompidamente de 8.00 a 18.00 horas de luns a venres e tamén entre as 9.00 e as 14.00 horas os sábados.
“Esta é unha das medidas incluídas entre as melloras do novo contrato municipal de Recollida de Residuos Urbáns e de voluminosos, ampliando ás tardes de luns a venres e nas mañás dos sábados o servizo de atención ao público, que anteriormente estaba activo nas mañás de luns a venres”, explicou Santalla. O responsable da área de Servizos incidiu en que “con este tipo de medidas tratamos de ofrecer ás nosas veciñas e veciños melloras nun servizo básico para a nosa cidade”.
Santalla solicitou colaboración cidadá para que todas aquelas persoas que precisen facer uso do servizo de recollida de voluminosos chamen ao teléfono da empresa Urbaser para que lles indiquen o día no que deben deixalo na rúa. “Deste xeito evitaremos que se acumulen os voluminosos nas rúas da cidade, seguindo en todo momento as indicacións da empresa para que poidan recollelo á maior brevidade posible”, indicou. Sobre este último punto o edil naronés destacou tamén o feito de que a recollida de voluminosos se ampliou de dous a catro días á semana. “As melloras do contrato estanse aplicando e as veciñas e veciños temos que contribuír para facer de Narón unha cidade cada día máis limpa, facendo uso dos servizos precisos”, asegurou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal