Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O LOCAL SOCIAL DO ALTO ACOLLERÁ ESTE VENRES UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE "ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS"
O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, avanzou que un profesional do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia será a persoa encargada de impartir a charla
Narón, 2 de novembro de 2021. O local social do Alto do Castiñeiro acollerá este venres, día 5, ás 18.00 horas unha xornada informativa sobre “Especies exóticas invasoras”. Así o anunciou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, que indicou que se trata dunha convocatoria aberta á asistencia da cidadanía en xeral e que as prazas –ata completar o aforo- se cubrirán por orde de chegada. Un profesional do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) será o encargado de impartir unha charla centrada en dúas especies, a “herba da pampa” e as acacias. “Nesta convocatoria a cidadanía recibirá información sobre o perxudiciais que son para o medio ambiente as especies invasoras e tamén sobre como temos que actuar non só de cara á súa eliminación senón tamén do seu control, para que non sigan estendéndose”, explicou Galego. Así mesmo, apelou á colaboración dos particulares con fincas donde proliferan estas especies de cara a ese obxectivo final da erradicación das mesmas. O concelleiro recordou que dende o Concello tamén se continúa traballando nesa liña, estando actualmente á espera dunha entrevista coa xefa da delegación territorial de Medio Ambiente na Coruña para abordar o Plan de actuación que vai aprobar a Xunta sobre especies invasoras, ao ser a administración autonómica a que ten as competencias directas na materia. Tamén se preguntará sobre o orzamento que a Xunta destinará para ofrecer recursos para loitar contra a proliferación das especies invasoras. A maiores Galego indicou que dende o Concello estase traballando na elaboración dun mapa no que figuren as zonas do termo municipal máis afectadas polas especies invasoras. Finalmente, o edil naronés avanzou que esta mesma xornada se convocará próximamente noutros locais sociais da cidade, para que poidan asistir todas as persoas interesadas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal