Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA A REPRESENTACIÓN DOS ESPECTÁCULOS "DROP" E "RECUÉRDAME. EL TRIBUTO A COCO"
As últimas entradas para o espectáculo do sábado están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura, e para o domingo xa están esgotadas para os dous pases
Narón, 3 de novembro de 2021. A programación cultural continuará esta fin de semana no Pazo da Cultura con dous novos espectáculos. Na xornada do sábado, día 6, poderase ver o espectáculo de novo circo “Drop”, da compañía Pistacatro Productora de Soños SL. Esta proposta cultural, de algo máis dunha hora de duración e dirixida a todos os públicos, poderá verse a partir das 20.00 horas. “Drop” é un espectáculo de malabares e, sobre todo, de malabaristas, que amosarán ao público as súas grandes cualidades para manter obxectos flotando no ar. No mesmo xógase constantemente coa metáfora que compara os malabares coa vida, lembrándonos que en certo modo todas e todos somos malabaristas. Catro malabaristas e un pianista protagonizan esta proposta de novo circo, cuxas entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura. O prezo é de 9,50 euros para o público xeral; 6,65 para persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e 5,50 para menores de 14 anos. A segunda das propostas culturais desta fin de semana é o musical “Recuérdame. El tributo a Coco”, da compañía Vol Music Events SL, que se poderá ver en dous pases, ás 12.00 e ás 17.00 horas. Trátase dun musical, o primeiro, baseado nunha das películas máis entrañables de todos os tempos, un espectáculo para todos os públicos de algo máis dunha hora de duración e que emocionará aos espectadores. As entradas xa están esgotadas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal