Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE QUINCE PERSOAS PARTICIPAN DENDE HOXE NO PROGRAMA MUNICIPAL "ADIANTE NARÓN"
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, acudiu ao acto de presentación do programa, que se desenvolve no Pazo da Cultura
Narón, 3 de novembro de 2021. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, acudiu esta mañá ao acto de presentación do inicio do programa “Adiante Narón”, no que participan un total de quince persoas, maioritariamente da cidade. O edil naronés deu a benvida no Pazo da Cultura ás persoas que asisten a este programa, a través do que dende o Concello se aposta por potenciar iniciativas emprendedoras e o autoemprego. Pita recordou que se trata dun programa pioneiro en Galicia e destacou a calidade das intervencións que se sucederán nas vindeiras semanas no marco do mesmo. En total impartiranse catorce módulos de tres horas de duración cada un deles, entre as 10.00 e as 13.00 horas. O primeiro dos bloques abordará a “Detección de oportunidades e pilares do proxecto”, e comezou hoxe co módulo sobre: Estratexia, detección e dimensionamento de oportunidades. Tralas pertinentes presentacións os participantes foron expoñendo as súas propostas emprendedoras ao economista que se encargou de impartir a primeira das charlas. O programa continuará a vindeira semana e durante todo o mes e comezos de decembro coa formación correspondente aos módulos de: proceso de “design thinking”, modelos de negocio, construción de marca, canles de distribución, márketing dixital, proceso de constitución de sociedades, e propiedade intelectual, entre outros. O edil animou ás persoas que participan a aproveitar ao máximo os contidos que se aborden nas sesións para poder aplicalos nos seus propios proxectos, nos que lles desexou moito éxito.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal