Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DENUNCIA A ESCASA CONCESIÓN DE CURSOS AFD POR PARTE DA XUNTA
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, lamentou que a Xunta non concedese os catro cursos solicitados polo Concello, ao cumprir os mesmos requisitos que na anterior convocatoria e tratarse dunha formación con moi elevada demanda por parte das empresas
Narón, 3 de novembro de 2021. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou o inicio, hoxe, do curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (468 horas) nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. A edil naronesa recordou que se trata dunha acción formativa enmarcada no programa AFD, subvencionado a través da Xunta de Galicia, ao igual que o que comenzará o 14 de febreiro, sobre “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (618 horas). En relación a esta formación, Hermida lamentou que “pese a ter o Concello de Narón a mesma puntuación que o ano pasado para a concesión dos cursos, e tras solicitar para a convocatoria 2021-2022 á Consellería de Emprego e Igualdade tres cursos de institucións sociais e un de domicilio, tan só nos concederon dous”. A concelleira recordou que na convocatoria anterior, coa mesma puntuación, solicitáronse esas mesmas catro accións formativas e concedéronse as catro, polo que “chama a atención que este ano non se concedesen ao non variar a situación”. “Trátase dun nicho profesional donde a demanda de profesionais por parte das empresas é moi elevada porque non atopan xente coa formación precisa para atender a ese colectivo”, asegurou. Por ese motivo, indicou, “non se entende que dándose unha problemática concreta e tan importante nestes momentos de falta de persoal con esa formación, a Xunta non lle conceda a Narón os cursos solicitados, que teñen un importante grao de inserción laboral”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal