Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O LOCAL SOCIAL DO ALTO ACOLLERÁ MAÑÁ UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE "ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS"
A cita será a partir das 18.00 horas e con entrada libre ata completar o aforo da sala na que se desenvolverá a xornada, tal e como indicou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego
Narón, 4 de novembro de 2021. Un profesional do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) será o encargado de impartir a charla que terá lugar mañá, ás 18.00 horas, no local social do Alto do Castiñeiro sobre “Especies exóticas invasoras”. O Concello organiza esta convocatoria a través da área de Medio Ambiente, dirixida polo edil Santiago Galego. As persoas que asistan recibirán información sobre as especies exóticas invasoras –sobre as que ten competencias a Xunta de Galicia-, centrándose en dúas: a herba da pampa e as acacias. Trátase de dúas especies que causan importantes danos ao medio ambiente e que se estenden con gran facilidade, o que agrava aínda máis o problema. A finalidade desta xornada é facilitar á cidadanía información sobre a importancia da súa erradicación e tamén sobre as medidas de control destas especies, para evitar a súa proliferación. A convocatoria está aberta á participación da cidadanía en xeral, cubríndose as prazas dispoñibles (ata completar o aforo do local) por orde de chegada. Galego avanzou que o Concello traballa na elaboración dun mapa no que figuren as zonas máis afectadas por estas especies no termo municipal. Así mesmo, asegurou que se organizarán estas mesmas xornadas noutros locais sociais da cidade co obxectivo de achegar esta información á cidadanía.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal