Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RESTRICIÓNS DE TRÁFICO NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO MAÑÁ E O LUNS POR MELLORAS NO FIRME DUN TRAMO DE VIAL
O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, explicou que a medida se adopta para realizar melloras nun tramo do firme da avenida Bernardo Romero
Narón, 4 de novembro de 2021. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou das restricións de tráfico que se aplicarán mañá e o luns no polígono de Río do Pozo debido ás obras que se executan para a mellora do firme. O edil indicou que dende mañá ao mediodía ata a noite se cortará o tramo da avenida Bernardo Romero comprendido entre a rotonda ubicada á altura do hotel Valcarce e a localizada nas inmediacións do estadio de Río Seco. “Nese tramo, durante a o tempo que dure a execución das obras tan só se circulará no sentido de entrada ao polígono, debendo saír pola zona de San Mateo ou Castro”, apuntou. Os traballos de mellora do pavimento interrumpiranse a fin de semana para retomalos de novo o luns pola mañá, cando a saída se manterá polas zonas de Castro e San Mateo ata o remate dos traballos, tal e como se apuntou dende a empresa adxudicataria.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es