Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO PARTICIPOU NUNHA ACTIVIDADE DO PROXECTO ÁRTABRO INCLUSIVO
O CONCELLO PARTICIPOU NUNHA ACTIVIDADE DO PROXECTO ÁRTABRO INCLUSIVO
A edil de Benestar Social, Catalina García, destacou a importancia desta iniciativa, que xorde ao amparo do Golfo Ártabro Norte co fin de erradicar a contaminación mariña e poñer en valor o plástico que se retira do mar
Narón, 5 de novembro de 2021. A concelleira de Benestar Social de Narón, Catalina García, participou nunha actividade do proxecto Ártabro Inclusivo que se levou a cabo nesta ocasión no Museo da Construción Naval de Ferrol. Baixo o lema "Fóra do mar o plástico ten valor", e ao abeiro do proxecto Tanza do Golfo Ártabro Norte, incidiuse na posta en valor do medio mariño e da responsabilidade individual no coidado dos mares e océanos, recalcando a importancia de calquera pequena acción nesa liña.
García estivo acompañada polo xerente da Fundación Exponav, José María Cardona, destacando este último a importancia de eliminar o plástico do océano e convidando aos asistentes ao acto a coñecer o Museo da Construción Naval. Pola súa banda, o pescador e influencer Rogelio Santos abordou a importancia dos xestos individuais para preservar o medio ambiente, da necesidade de cumprir a normativa para garantir o futuro dos mares e tamén de que é preciso dar exemplo, especialmente dende o mundo da política e os sectores con maior visibilidade.
Na súa intervención a concelleira naronesa recordou que Ártabro Inclusivo, a iniciativa dos concellos de Narón, Ferrol e Fene ao abeiro do GALP, ten como finalidade erradicar a contaminación mariña e poñer en valor o plástico que se retira do mar. "O noso obxectivo é involucrar a toda a sociedade, e especialmente ao colectivo de pescadores e mariscadores nesa limpeza", apuntou. García destacou que se trata "dunha iniciativa cunha vertente de inclusión social e laboral para dar unha segunda vida ao plástico e na que se encargarán desa reciclaxe persoas de Aspaneps e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal a través duns obradoiros que contan coa colaboración da Universidade e o Centro Integrado de Formación Profesional Ferrolterra".



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal