Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CONTINÚAN ESTA SEMANA EN XUVIA, PEDROSO E PIÑEIROS
OS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CONTINÚAN ESTA SEMANA EN XUVIA, PEDROSO E PIÑEIROS
A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recordou que para asistir é preciso inscribirse previamente a través de correo electrónico ou por teléfono
Narón, 8 de novembro de 2021. Os Consellos Territoriais de Participación Cidadá continuarán desenvolvéndose esta semana na cidade. A edil responsable da área, Catalina García, recordou que mañá martes terá lugar ás 19.00 horas no local social de Xuvia o previsto na citada parroquia e que as seguintes citas desta semana serán o mércores en Pedroso, ás 18.00 horas no local social de “A Pombiña” e o xoves ás 19.00 horas no local social de Piñeiros.
García destacou a importancia de que as veciñas e veciños acudan a estas convocatorias, proxectadas como un espazo de encontro no que xunto con representantes da corporación local poderán intercambiar ideas sobre as necesidades de cada barrio e parroquia da cidade. A pasada semana celebrouse o previsto na Gándara e as sesións continuarán ata o 2 de decembro, segundo o cronograma establecido.
A edil de Participación Cidadá preside os Consellos Territoriais, nos que se avanzan as liñas dos orzamentos municipais do vindeiro ano, que se están ultimando, e tamén se ofrece información sobre cuestións que xa se abordaron nos Consellos celebrados a comezos deste ano.
As seguintes citas programadas este mes serán o 15 no local social do Val -17.30-; o 16 no local social “Virxe de Fátima”, en Freixeiro -18.00-; o 17 no local social do Couto -18.00-; o 18 no local social de Doso -20.00-; o 24 no local social “O Paraxe”, en Castro -19.30-; o 29 no local social de San Xiao -18.00- e o 30 no local social “Virxe do Mar”, en Santa Icía -19.00-. En decembro terán lugar os dous últimos, o primeiro deles o día 1 no local social do Alto do Castiñeiro -18.00 horas- e o seguinte o 2 no local social de Sedes -19.30-. Queda pendente de fixar a data do de San Mateo, que tivo que suspenderse a última hora.
As persoas que desexen asistir a estas convocatorias deben confirmalo previamente enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou a través do número de teléfono 603 865 413.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal