Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
INTERRUPCIÓNS NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO A COMEZOS DA VINDEIRA SEMANA NA ZONA URBANA E EN RÍO DO POZO
INTERRUPCIÓNS NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO A COMEZOS DA VINDEIRA SEMANA NA ZONA URBANA E EN RÍO DO POZO
A empresa Grupo Naturgy indicou que a medida responde á necesidade de realizar traballos para acometer melloras na rede
Narón, 12 de novembro de 2021. A empresa Grupo Naturgy comunicou ao Concello novas interrupcións no subministro eléctrico programadas para inicios da vindeira semana, concretamente o luns 15 e o martes 16, en varias zonas da cidade e a diferentes horas. Dende a compañía indicaron que a medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica para atender nas mellores condicións as necesidades de subministro na zona.
Na xornada do luns, entre as 2.00 e as 3.00 horas estará afectada por esas interrupcións no subministro eléctrico a avenida dos Arrieiros (números 1, 4, 5 e 7), no polígono de Río do Pozo. Esa mesma zona, pero na avenida Panadeiros, haberá cortes no subministro entre as 3.30 e as 4.30 horas e dende as 4.30 ás 5.30 nas rúas Cesteiros e dos Mariñeiros (números 4 e 22).
O martes 16, de 1.30 a 2.30 horas haberá interrupcións na rúa Otero Pedrayo (números 1 e 5) e a continuación, de 2.30 a 3.30 novamente no polígono de Río do Pozo, nas rúas dos Carpinteiros (números 154, 156 e 158), dos Telleiros (números 37 e 167), na avenida Gonzalo Navarro (números 68, 76, 82, 129, 132, 135, 136, 153, 161, e 162) e no número 129 do citado polígono. Así mesmo, de 4.30 a 6.00 estarán afectadas no polígono de Río do Pozo a avenida Bernardo Romero, a dos Carpinteiros (número 142), a dos Ferreiros (números 2, 8, 87, 140, 141, 143, 171, 173 e 175), dos Telleiros (números 3, 149 e 152). A última das interrupcións programadas para o martes será, segundo indicaron dende a empresa, de 6.00 a 7.00 horas e afectará á rúa Jesús Fernández Pita (números 43 e 84).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal