Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN E CARLOS BLANCO REPRESENTARÁN O VINDEIRO MES DE DECEMBRO NO PAZO A COMEDIA "SOMOS CRIMINAIS 3"
XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN E CARLOS BLANCO REPRESENTARÁN O VINDEIRO MES DE DECEMBRO NO PAZO A COMEDIA
As entradas para o novo espectáculo e as do resto dos programados no Pazo están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 15 de novembro de 2021. O Padroado da Cultura ten xa á venda as entradas para ver o novo espectáculo de Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco, “Somos criminais 3”. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, avanzou que estarán na cidade os días 28 e 29 de decembro, en ambos casos ás 20.30 horas.
Tralo éxito de “Somos criminais”, que se representou no Pazo da Cultura naronés, chega este novo espectáculo, no que Touriñán e Blanco analizan Galicia e os seus habitantes cunha finalidade moi concreta, saber como somos e por que somos así. Os dous actores galegos traballaron xunto ao director naronés José L. Prieto nos textos deste espectáculo, que se poderá ver en varias cidades galegas e que será un novo éxito de público.
O prezo das entradas é de 18 euros no patio, 15 euros na primeira planta e 12 na segunda, podendo adquirirse a través do despacho de billetes do Pazo no horario de atención ao público –de luns a sábados entre as 9.30 e as 14.00 e de 17.00 a 20.30 e os domingos e festivos unha hora antes do comezo do espectáculo- ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Así mesmo, Sánchez Fojo recordou que están tamén á venda as últimas entradas para o monólogo deste sábado no Pazo, ás 21.30 horas, protagonizado polo cómico J.J. Vaquero. O humorista, coñecido tamén polas súas colaboracións en programas de radio e televisión, abordará a súa vida cotiá, falando da súa familia, amizades e o seu propio traballo. As entradas teñen un prezo de 16 euros no patio de butacas e 14 nos anfiteatros en venda anticipada e o propio día da actuación o custe será de 20 e 18 euros, respectivamente.
A programación cultural continuará este domingo, día 21, con “Petit Pon en concerto”, unha proposta de música familiar cargada de sentido do humor, sentimentos e emocións, moi participativo e divertido no que se implicará o público e terá a oportunidade de gozar de cancións que conectan coas rapazas e rapaces e tamén coas persoas adultas. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral, de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para os menores de 14 anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal