Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR A INSTALACIÓN DE POSTOS NO "XII MERCADO DE SEGUNDA MAN"
A cita desenvolverase a fin de semana do 4 e 5 de decembro no recinto ferial do Trece, na parroquia de Sedes, tal e como anunciou o concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego
Narón, 15 de novembro de 2021. O Concello abriu hoxe o prazo para solicitar a instalación de postos no “XII Mercado de Segunda Man” que se celebrará os días 4 e 5 de decembro no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes. Así o anunciou o concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, que incidiu en que está prohibida a venda de artesanía, animais, produtos alimenticios ou bebidas, dirixíndose ademais a convocatoria exclusivamente a particulares, non a comerciantes nin vendedores ambulantes. Galego explicou que as solicitudes poderán formalizarse ata o 30 de novembro e indicou que se habilitarán un total de setenta postos, que se concederán por orde de solicitude. Os postos permanecerán abertos os dous días en horario de mañá e tarde, tal e como avanzou Galego, e pecharán ao mediodía durante unhas horas. As solicitudes dos postos –as inscricións son de balde- deben formalizarse a través do Rexistro do Concello, por correo certificado ao Rexistro coa instancia de solicitude debidamente cumprimentada ou a través da Sede Electrónica do Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal