Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS "TRABALLO, REUNIÓNS EN LIÑA E CAPACITACIÓN ONLINE" E "BUSCA DE EMPREGO 2.0" NA AULA CEMIT
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CURSOS
As dúas accións formativas impartiranse o vindeiro mes de decembro na Aula Cemit de Xuvia, tal e como indicou a concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida
Narón, 15 de novembro de 2021. A Aula Cemit de Xuvia acollerá dous novos cursos a partir do vindeiro mes de decembro, un sobre “Teletraballo, reunións en liña e capacitación online” e outro de “Busca de emprego 2.0”. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, recordou que as persoas interesadas en inscribirse deben facelo dende esta tarde a través da plataforma Cemit, podendo acceder a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial.
A acción formativa sobre “Teletraballo, reunións en liña e capacitación online”, cun total de nove prazas, impartirase do 13 ao 21 de decembro, en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. En total o curso consta de 28 horas, nas que se abordarán temas como a xestión do correo, tarefas e axenda dixital, reunións en liña, almacenamento na nube, mensaxería a tempo real e xestión de proxectos online con Trello.
O curso de “Busca de emprego 2.0” tamén oferta nove prazas, do 1 ao 21 de decembro e neste caso en horario de mañá, de 9.30 a 13.30 horas. Nas 52 horas de duración do mesmo abordaranse temas como a marca persoal na web 2.0, as redes sociais aplicadas á búsqueda de emprego, redes sociais profesionais, currículo 2.0 para un recrutamento efectivo e portais 2.0 para a busca de emprego.
As prazas ofertadas para estas accións formativas cubriranse por orde de inscrición, tal e como recordou a concelleira naronesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal