Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA VARIOS ACTOS PARA CONMEMORAR O DÍA DE NARÓN
O CONCELLO ORGANIZA VARIOS ACTOS PARA CONMEMORAR O DÍA DE NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou a programación acompañada polos edís de Turismo, Natalia Hermida, e Cultura, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 16 de novembro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou esta mañá acompañada polos edís de Turismo, Natalia Hermida, e Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, os actos conmemorativos do Día de Narón, que se celebra cada 23 de novembro na cidade. A programación deseñada para a xornada comezará ás 12.00 horas, cun acto institucional no que se presentará a escultura en homenaxe á solidariedade, tal e como anunciara a alcaldesa, unha obra que pertence ao mestre escultor coruñés José Castiñeiras Iglesias e que se ubicará na glorieta da estrada de Castela localizada na intersección co Camiño do Lodairo. A rexedora local destacou, nunha clara alusión a esa solidariedade, o lema baixo o que se desenvolverá a convocatoria: “Saber tender unha man nos momentos máis difíciles fainos ser un gran pobo”.
A Praza 23 de novembro acollerá parte dos actos matinais do vindeiro martes, concretamente cun espectáculo do Mago Antón que se poderá ver de 12.00 a 12.45 e dende as 13.15 ata as 14.00 horas. É unha proposta pensada para maiores de 8 anos e á que poderán acudir un máximo de 50 persoas por sesión, prazas que se cubrirán por orde de chegada. Tamén entre as 12.00 e as 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas se desenvolverán varios xogos populares, nos que poderán participar persoas de todas as idades.
O Mago Antón regresará co seu espectáculo á Praza 23 de novembro pola tarde, con tres novas sesións, unha de 16.00 a 16.45 horas e a outra dende as 17.30 a 18.15 e a última de 19.00 a 19.45. A maiores, de 17.00 a 18.00 horas tamén se programou un espectáculo musical dirixido a público familiar, “A fiestra dos soños”, a cargo da compañía Trotaventos.
Haberá tamén este ano un apartado gastronómico, neste caso unha chocolatada popular, de 18.00 a 20.00 horas.
A programación rematará, como é tradicional, co acto de entrega dos premios correspondentes á decimoterceira edición do Concurso de Pintura Cidade de Narón, que terá lugar ás 19.00 horas no Pazo da Cultura.
Ferreiro convidou ás veciñas e veciños a participar nestes actos “para despois destes meses tan complicados poder xuntarnos novamente e celebrar a festividade da nosa cidade, con propostas abertas a toda a cidadanía”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal