Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURADO O ENTORNO DA CASA DA MOCIDADE E DA TRAVESÍA BISPO ARGAIA
A actuación incluíu a construcción do primeiro skatepark da comarca.
Narón, 18 de Decembro de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Mocidade e Deportes, Natalia Hermida, inauguraron hoxe o entorno da Casa da Mocidade e da travesía Bispo Argaia, obras feitas con cargo ó Fondo Estatal de Inversión Local do 2009. As actuacións foron realizadas pola empresa Jesús Martínez, cun orzamento de 463.045 euros, e deron emprego a oito traballadores durante os cinco meses da súa duración. As obras en cuestión naceron coa premisa de mellorar o entorno deste lugar, creando espazos de esparcimento e mellora coma a zona traseira da Casa de Mocidade. Neste espazo colocáronse bancos (algúns deles con mesas) e instalouse un skatepark, pensado para mozos e mozas de máis de 12 anos de idade. “Trátase da primeira pista de skate da comarca”, sinalou a edila de Mocidade, Natalia Hermida. Este espazo se estrenará mañá, cando terá lugar a I kedada de Skaters, prevista entre as 11 e as 18 horas. Ademáis desta nova instalación, o proxecto incluíu o alumeado, asfaltado e construcción de beirarrúas na rúa Bispo Argaia, dando servizo tanto ó Local da Asociación de Veciños coma á propia Casa da Mocidade e mesmo ó Colexio de A Gándara. A este respecto, o Alcalde, Jose Manuel Blanco, declarou que esta actuación supuxo “a recuperación dunha zona de máis de 2.000 metros cadrados que estaba degradada, e que foi posible poñer ó servizo público cos cartos do Plan E, porque doutra forma o Concello non podería por sí mesmo asumir esta inversión”, concluíu.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal